Friday 03 de May de 2024

O Concello da o pistoletazo de saída á Semana Europea da Mobilidade na cidade


 

A alcaldesa Inés Rey fixo un chamamento os cidadáns para que se despracen a pé ou en bicicleta

A alcaldesa Inés Rey, o concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, inauguraron esta mañá no Obelisco a Semana da Mobilidade, que arrinca con actividades por distintas zonas da cidade dirixidas a diferentes sectores da poboación de cara a animar a cidadanía a optar polo transporte público e desprazarse a pé o en bicicleta.

Celebramos esta Semana da Mobilidade, sinalou a alcaldesa, como “unha chamada de atención, unha oportunidade para reflexionar e concienciarnos de que cada día debe ser a semana da mobilidade”. Por iso é importante, recalcou, que na posta en marcha do plan de mobilidade se implique a toda a sociedade.

O Concello, explicou, reordenará os espazos públicos para deseñar unha cidade accesible, onde existan espazos para o peón, para o transporte e para o vehículo. “Queremos lograr unha convivencia ordenada que lles permita as veciñas e veciños vivir a gusto na cidade”.

Durante o acto de inauguración, Inés Rey incidiu en que a mobilidade é un dos retos aos que se enfronta a cidade. “A mobilidade define o éxito dunha urbe e na Coruña apostamos por unha mobilidade sustentable e accesible para todas e todos”, recordou ao tempo que salientou a política transversal que se leva a cabo desde o Concello co obxetivo de “devolverlle a cidade ao peón para que sexa o centro da mobilidade na cidade””.

Neste senso, nos últimos anos, lembrou, a cidade deu pasos cara adiante e pasos cara atrás, como a supresión do carril bus, que o Goberno local ten previsto recuperar, así como implantar novos carrís brandos que poidan compartir autobuses e bicicletas.

O Goberno local quere reducir a presenza de vehículos e garantir a seguridade viaria. Apostamos “por unha mobilidade global baseada en mellorar as infraestruturas, potenciar o transporte público e integrar de xeito ordenado os novos medios de transporte particular”, dixo na presentación.

Para a rexidora, o servizo de transporte público “debe converterse nunha das mellores solución da mobilidade na Coruña”. Para iso, ampliaranse as liñas e se reorganizarán as frecuencias. Tamén, lembrou, que é importante establecer novos sistemas de entrada do transporte metropolitano na cidade.

Canto á campaña da Semana de Mobilidade Urbana, ”Redefinindo a mobilidade”, que está a realizar o Concello, está baseada, non tanto na prescrición das mellores formas de mobilidade, senón na activación da reflexión da cidadanía para ver que as alternativas son mellores nos ámbitos social, de sustentabilidade e de saúde.

Conceptos tan arraigados aos modos clásicos como chocar, atasco, marchas, conducir, aparcar, encher… adquiren un novo senso, máis incardinado con camiñar, usar a bicicleta ou o transporte público.

Nesta liña, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinalou que o reto da mobilidade é unha necesidade no só da mellora de espazos públicos senón tamén de saúde pública e de calidade ambiental. “Estamos ante unha crise climática e temos que contribuír entre todos a minorar as emisións de CO2 e deixarlles as xeracións futuras unha cidade máis sa máis amable e máis vivible”. Por iso, dixo, as políticas de mobilidade deben ser un elemento esencial da acción do Goberno local.

Entre as accións de Goberno que se levarán a cabo, o edil anunció que está previsto establecer carrís prioritarios para o bus, mellorar as políticas do taxi,

ampliar as áreas 30 e puntos de peatonalización. En relación aos medios de transporte particular coma os patinetes eléctricos, sinalou que o Concello “non demoniza estos transportes, pero que hai que ordenar por onde circularán”.

Actividades Semana Mobilidade

A Semana inaugurouse cun circuito de Movilidad organizado por la ONCE no que a alcaldesa e resto de participantes tiveron a oportunidade de poñerse na pel dunha persoa cega e percorrer cos ollos pechados e un bastón un recorrido enfrontándose ás barreiras que día a día se atopan as persoas cegas e con discapacidade visual.

Entre as actividades previstas, Díaz Villoslada destacou o Foro debate, impulsado pola Asociación Crunia, que terá lugar mañá ás 18.00 horas na Fundación Abanca de Rego de Auga e unha mesa técnica, ás 19.30 horas, sobre a mobilidade.

O mércores, áa 19.30 horas haberá outra mesa, na que representantes de distintas entidades municipais expoñerán os avances e as solucións para facelas máis accesibles para todos.

Grumico (Grupo de Persoas con Discapacidade Física da Coruña) organizará o xoves 19, a actividade “Ponte no meu lugar” e o venres 20 e sábado 21, a cidadanía vestirase de mallas para participar na Carreira da Mobilidade. A semana incluirá tamén unha xornada de portas abertas o venres na sala de pantallas e control de tráfico, a exposición ECO21 e un día sen coches, o domingo.

A asociación Stop Accidentes realizará actividades escolares nas rúas Alcalde Marchesi e Primavera, e na entrada de varios colexios públicos instalaranse xardineiras nas prazas de aparcadoiros. Por último, o colectivo daralles consellos as persoas viandantes na praza de Lugo.

Durante toda a semana quedarán pechados ao tráfico tres carrís, en dirección de saída, á altura do Obelisco, onde se instalarán carpas que se poderán visitar de
11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.